GRUPO DE TEATRO "RUEIRO"

 

 

TRAXECTORIA DO GRUPO

Forma parte do Centro Cultural e Artístico ¨RUEIRO¨ da Parroquia do ¨ Cristo da Victoria ¨ de Coia. Comeza a súa andaina no ano 1.982, coa creación do Centro Cultural, pero interrompese a súa actividade durante uns anos, e volta a iniciala no ano 1.994.

Coa maioría dos seus membros renovados, comeza a nova andaina cunha obra de Eduardo Blanco Amor, ¨ Galicia en Festa ¨. Despois de represéntala en varios lugares da bisbarra de Vigo, prepara a obra de Alfonso R. Castelao, “ Os vellos non deben de namorarse ”, popularmente coñecida. Posteriormente e despois de representala en varias ocasións, por distintos centros da provincia de Pontevedra, preparase, a obra: ¨ AZOS DE ESGUELLO ¨ do autor Eloxio R. Ruival.

O mesmo tempo preparase o monologo de Dario Fo, “ La Madre pasota “ é a obra de Anxel Fole “ Pauto do Demo “ que estreamos como colofón das Xornadas de Teatro de Primavera organizadas polo Centro Cultural “RUEIRO” do 18 de Abril o 16 de Maio do 98. Tamén se ten representado en distintos Centros Culturais como o “Atlántida “ de Matamá e o de “ Nautilus “ en San Andrés de Comesaña. No ano 98 preparouse o entremés-comedia de Eduardo Blanco Amor: “ O complexo “ , que estreamos o día 15 de Maio do 99 co gallo das Letras Galegas no noso Centro Cultural. No ano 2000 preparouse a Obra: “ OS CRAVOS DE PRATA “, do escritor Nicolás Bela, na versión de Francisco Pillado, que estreamos co gallo das Letras Galegas, e que representamos en varios lugares e coa que participamos no Primeiro Certame de Teatro Afeccionado de Vigo, no ano 2001.

No ano 2003 preparamos a obra “ O BUFON ” de Xosé Dono, que representamos no II Certame de Teatro Afeccionado celebrado no Salón de Actos do Centro Cultural “Helios “ de Bembrive, e en varios Centros Culturais como o de Camos de Nigrán.

No ano 2003 preparamos a obra: “ TAN PERFECTO NON TE QUERO ” do escritor Ortega, que estreamos no propio Centro Cultural “RUEIRO” dentro do programa da Semana das Letras Galegas 2004. Posteriormente a temos representado en varios Centros Culturais de Vigo e Bisbarra, así como no Auditorio do Concello de Vigo dentro do III Certame de Teatro Afeccionado de Vigo que organiza a Agrupación de Centros Culturais e Deportivos, a cal pertence o Centro Cultural “RUEIRO”.

No ano 2.006 comezamos a preparar unha nova obra titulada “ A VIÚVA DE DUPONT”, orixinal dos escritores L.Tejedor e E. Bariego, adaptada e traducida o galego polo mesmo grupo de teatro. É unha comedia dividida en dous actos con catro cadros. Dita obra estreouse no mes de Maio do 2007, dentro da celebración das Letras Galegas no salón de Actos do propio Centro Cultural, e representouse con notable éxito de público na bisbarra de Vigo e noutros lugares de Galiza.

A obra que representou despois o grupo foi A LOTERÍA. Estreóuse o sábado 27 de septembro DE 2009 ás 8,30 da tarde no salón de Actos da Parroquia Cristo da Victoria de Coia (Vigo). E tense representado xa posteriormente en diversas asociacios da bisbarra de Vigo e tamen doutras provincias galegas. Na Semana de Teatro Afeccionado organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Vigo no mes de Outubro de 2010 o Grupo obtivo un terceiro premio pola súa representación de "A Lotería".

NA ACTUALIDADE

O sábado 7 de Xullo de 2012 o Grupo de Teatro Rueiro estreou a obra "A MIÑA MULLER E O FONTANEIRO". Foi no Salón de Actos da Parroquia Cristo da Victoria con notable asistencia de público. A obra é unha comedia simpática e distendida que invita ó público a pasar un rato agradable.

 

O sábado 26 de Outubro de 2013, dentro do II Ciclo de Teatro Afeccionado "Enrique Landesa" o Grupo de Teatro "Rueiro" estreou a obra de Manuel Sanchez Singala titulada "Comedia Bífida". E unha comedia crítica para xuzgar o comportamento dos galegos e galegas coa osa lingua galega. En Galiza non só queimamos os montes e a paisaxe, hai tempo que ademais estamos queimando e extinguindo os nosos valores culturais, entre eles a lingua. Nin ecoloxismo, nin ecolingüismo, miseria!! Manuel Nuñez Singala con esta comedia fai unha proposta no senso de que valoremos mais a nosa lingua e a nosa cultura galega e non nos poñamos tamen fronteiras mentais a nosa cultura galega e a nosa lingua galega.

Dentro do IV Ciclo de Teatro Afeccionado "Enrique Landesa"o Grupo estreou a obra de Juan José A. Millán "Pillabans de cinco estrelas". Unha comedia que fixo pasar unha tarde entretenida o numeroso público que participou na representación.

 

DATOS DO GRUPO

Nome: GRUPO DE TEATRO “RUEIRO”, de Coia – VIGO (Pontevedra) C.P.: 36209.

Enderezo : Rúa Baiona Nº 9 –Baixos

Email: rueiro.vigo@gmail.com

Portavoz : LUIS CALVO CUESTA Teléf.: 986- 48 68 20.

Nºde compoñentes : 12.

Caché: 1.000 €.

Titulo da montaxe actual: “cCOMEDIA BIFIDA ”, orixinal de Manul Nuñez Singala.

Duración : 90 minutos. Xénero : Comedia .

Aire libre: Non.

NECESIDADES TECNICAS

Dimensións do escenario: 8 / 4 / 2´5.

Tomas de corrente : 2.200 W / 1 fase.

 
 
Rueiro quere lembrar aquí a Enrique e a Loli. Enrique ("Quiquillo") foi infatigable loitador pola cultura e o desenrolo da Parroquia do Cristo da Vitoria barrio" e do Centro Cultural "Rueiro". Formou parte do seu Grupo de Teatro. Loli tamen, infatigable loitadora, formou parte da directiva de "Rueiro" e do seu grupo de teatro ¡Enrique e Loli seguides connosco e tamén estades nese lugar onde se poden realizar todos os sonos!. Graciñas. Aqui queremos deixar a nosa lembranza para eles....
HOMENAXE @S COMPAŅEIR@S QUIQUE E LOLI

 

 

Quique